O entroido era unha data máxica para os celtas. Eses pobos, que chegaron a Galicia amaban a natureza. Dividían o seu ano en catro estacións e celebraban con grandes festas o paso dunha a outra.

Din que os galegos somos moi festeiros pero, ¡que lle imos facer se o levamos nas veas! Os celtas celebraban por todo o alto o final do inverno. O entroido, que festexamos agora dunha maneira cristianizada, comezaba 45 días antes do equinoccio de primavera, e era a festa dedicada a deusa Briga.

Briga significa exaltada e brillante e é coñecida como Brigantia, Brid, Bride, Briginda, Brigdu, Bridget y Brigit. Dícese que xacía sobre os berces protexendo aos recén nacidos. As tradicións e costumes que a veneran mantense ata hoxe dun modo máis vivo que ningunha outra deidade celta.

Foi adorada en Irlanda, Gales, España e Francia como a deusa do lume,da fertilidade, do fogar, das artes marciaias, da saúde, da agricultura, da inspiración, da poesía, adiviñación, domesticación de animais, do amor, da bruxería e o coñecemento oculto, ata que a igrexa a converteu en Santa Brígida sobre o 453 d. C. Como vedes, unha deusa en toda regra.

É unha mágoa que nalgunhas cidades galegas non haxa o antigo espírito festivo. Eu, polo menos, non o vexo desde hai anos, malia que recoñezo que tampouco o teño.