Hoxe lin unha noticia que fixo que botara un soriso de ledicia: o medioambiente é un problema que preocupa á poboación española. Un 70% cre que a biodiversidade e a ecoloxía son moi importantes. Pero neste estudo, chamado Estudio sobre la cultura medioambiental de la población española, feito pola Fundación BBVA, hai máis datos. E os demais xa non son tan bos.
Case os dous tercios dos españois auguran un negro futuro á saude do planeta. O 60,6% cre que nas próximas décadas a situación empeorará e o 46,5% que aínda vai ser bastante peor.

Con estes datos o que queda é botar a correr. Pero tamén hai lugar para un pouco de optimismo, porque senón non sei que faríamos nesta vida. Algo máis do 71% consideran que aínda estamos a tempo de cambiar o deterioro do planeta.

Ese tanto por cento é o que me gusta a min. Pero para que de verdade se faga realidade ese troco, precisamos unha loita individual, con ahorro enerxético e reciclando nestes días, por exemplo.
Xa que nós non podemos que EE.UU. acate o Protocolo de Kioto fagamos algo polo que nos toca de preto.