Nun caixón da miña casa apareceu unha felicitación do día do pai. É unha mágoa que non teña a data pero coido que eu tería uns dez anos, non creo que tivera máis.

É un destes agasallos cutres que facíamos na escola, que era case igual para o día da nai e do pai.
Pois non podedes imaxinar a emoción que me fixo atopalo, non o sabedes, de verdade. Que meu pai agochase iso nun caixón durante máis de dez anos ten moito mérito, tendo en conta que miña nai tira con toda vagatela que ande por casa.

A felicitación en si, non ten nada: un debuxo mal feito dun barco con Mahón de fondo. Seino porque o lado conto que é o Ciudad de Valencia, un barco no que estivéramos ese verán de ruta polas illas Baleares.

Que fermosos son os bos recordos. Non os cambio por nada.